CONCURSO ILUSIÓN ÓPTICA
(Data límite 25 febreiro)
O concurso consiste en mandar unha foto persoal, cun efecto óptico de levitación.
Recomendacións: Para conseguir o efecto, primeiro terás que coller unha esponxa mollada e frotala suavemente sobre o chan para facer unha mancha escura. Se a mancha queda moi húmeda, teremos que deixala secar un pouco.
Agora ponte a unha pequena distancia (30 ou 40 centímetros) de esa mancha húmeda e pídelle a un compañeiro ou compañeira que faga unha foto do outro lado. Para ter unha un mellor efecto, debes elexir unha ubicación e unhas condicións de luz nas que o teu corpo non faga unha sombra auténtica. Pode que teñas que moverte aredor da mancha para conseguir unha mellor foto.
ANÍMATE A PARTICIPAR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario