sábado, 28 de mayo de 2022
lunes, 23 de mayo de 2022
domingo, 1 de mayo de 2022
SOLUCIÓN DESAFÍO ABRIL
Este desafío non era doado. Teríase que toma como punto de partida a declaración de Breixo.
Se asumimos que di a verdade, seguindo a cadea de declaracións resulta que Dani tamén di a verdade.
Por outra banda, no suposto que Breixo minta, chegaríamos a que Carla e Esteban din a verdade.
En ámbolos dous casos, ANA minte. Polo que, ANA é a única sospeitosa que coñecemos con certeza que non di a verdade.
lunes, 4 de abril de 2022
DESAFÍO DE ABRIL (5 PUNTOS)
Ana, Breixo, Carla, Dani e Esteban, son sospeitosos e sospeitosas dun roubo. Todos e todas aseguran ser inocentes. A comisaria Martínez tómalle declaración por separado.
ANA: “Tanto Carla como Dani minten”.
BREIXO: “Tanto Ana como Esteban minten”.
CARLA: “Tanto Breixo como Dani minten”.
DANI: “Tanto Carla como Esteban minten”.
ESTEBAN: “Tanto Ana como Breixo minten”.
A partir das declaracións, a comisaría Martinez atopou quen cometeu o roubo. ¿Saberías ti averiguar quen foi?
En cada hora, hai un desfase de 20 minutos, (10 que adianta un máis 10 que atrasa outro).
Así que: 12 horas/día x 60 minutos/hora : (20 minutos/hora) = 36 horas, que pasado a días son: 36 horas : 24 horas/día = 1 día e medio. Coinciden despois de 1 día e medio, é decir, o 22 de marzo.
Por último, en 36 horas:
36 horas x 10 minutos /hora = 360 minutos, que son ata que volven a coincidir 6 horas. Así que 10:10 + 6 = 4:10. A hora de coincidencia será cando o reloxo marca as 4:10 horas, (da tarde).
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)